Aprende Xogando

Benvida

 


Tal como se anunciou na Asamblea comezamos unha nova etapa. Cunha nova directiva para este curso 2014/2015, novos proxectos e con ánimo de ser útiles a tódolos membros. Unha das ferramentas principais que utillizaremos será a publicación de novas a través desta páxina web, que esperamos se vaia consolidando co tempo.
 

A partir de xa, estará funcionando e adaptándose ó cambio, xa que cambiamos totalmente de sistema buscando unha presentación da información moito máis sinxela e clara. Esperamos que a encontredes atractiva. Pero sobre todo, para nos era una necesidade encontrar un sistema sinxelo e áxil para publicar. 

As novidades importantes irán chegando pouco a pouco e serán publicadas no apartado Noticias. Pero sempre é un excelente momento para que nos fagades chegar as vosas opinións directamente o correo electrónico da ANPA ou mediante o formulario de contacto.

 

 

Menú Principal

Enlaces